O Seminario Ibérico de Química Mariña, o Encontro de Oceanografía Física, a Reunión Ibérica de Fitoplancto Tóxico, a International Science Conference do Campus do Mar, o Workshop Patrimonio Cíes o propio Internacional Symposium on Marine Science, ISMS 2018, reunirán en Vigo, entre os días 20 ao 22 de xuño, a preto de 400 participantes, co obxectivo de aglutinar todo o coñecemento científico de interese internacional no ámbito das ciencias mariñas.

A sexta edición do ISMS, que tamén servirá ao estudantado de grao, mestrado e doutoramento para expoñer os seus primeiros traballos científicos, foi presentado este mediodía nun acto, no que o reitor da Universidade de Vigo e o alcalde de Vigo, destacaron a relevancia do evento, que Mato definiu como “o congreso dos congresos”. A decana da Facultade de Ciencias do Mar da Universidade de Vigo, Belén Rubio, que xunto as súas homólogas e homólogos das universidades de Las Palmas de Gran Canaria, Cádiz, Valencia, Alacante e Barcelona, encárgase da organización deste evento, incidiu na importancia dun simposio “que é o único de ciencias do mar que se realiza en España e no que están representadas as seis universidades nas que se imparte esta titulación”, explicou a responsable do centro, que estivo acompañada na presentación de hoxe polo director e a responsable de Captación de Talento de Campus do Mar, Emilio Fernández e Elsa Vázquez, respectivamente, así como por representantes do Instituto Español de Oceanografía e do Instituto de Investigacións Mariñas-CSIC, que xunto ao Concello de Vigo, colaboran na organización do simposio internacional, que se celebrará no Auditorio Mar de Vigo.

“O simposio representa un punto de encontro entre investigadores que traballamos no avance das distintas disciplinas que conforman as ciencias mariñas e supón facer unha análise profunda e rigorosa de cara a onde deben encamiñarse as actuacións para aproveitar o potencial que teñen os océanos para o crecemento e o desenvolvemento, con particular interese nas costas, pola alta densidade de poboación que nelas se asenta”, explicou Rubio, que destacou a gran multidisciplinariedade das áreas temáticas que se abordarán nos diferentes congresos e que van da modelización oceánica ou a saúde dos ecosistemas mariños, á xeoloxía mariña e a conservación e xestión de recursos vivos e xeolóxicos, pasando polas tecnoloxías para a observación dos océanos.

Destacados poñentes e un comité científico moi variado

A botánica e algóloga Marina Montesor da Estación Zoolóxica de Nápoles; o investigador do Marum de Bremen Oscar Romero, que estuda os efectos dos cambios na biodiversidade e o clima sobre a función crítica dos ecosistemas mariños e dos ciclos bioxeoquímicos; a investigadora da Universidade de Lieja Aida Alvera, que traballa na implementación e validación de modelos hidrodinámicos 3D ou os investigadores Jorge Cortés da Universidad de Costa Rica e Jörg Schéfer da Universidade de Burdeos, son algúns dos poñentes internacionais que xa confirmaron a súa presenza no simposio. “O programa de conferencias plenarias está case pechado e todos os poñentes invitados son investigadores de primeira liña, cunha elevada representación internacional”, destaca Rubio, que tamén pon de relevo o carácter internacional do comité científico con representantes de Francia, Alemaña, Arxentina, Brasil, Tunisia, Líbano e Estados Unidos.

En relación co programa de comunicacións, Rubio confirmou que todas elas terán unha revisión por pares que garanta a calidade dos traballos presentados. “Polo de agora, ofertamos unha serie de temáticas nas que poden encaixarse, pero ademais intentaremos incentivar a participación dos novos investigadores”, explica Rubio, que lembra que só en Vigo se concentra máis do 40 % das investigacións que se fan en ciencias do mar e que na cidade e na súa contorna, dáse unha das maiores concentracións de centros de investigación, divulgación e docencia mariña do mundo.

Colaboración científica para da músculo á candidatura de Cíes

Na presentación deste mediodía, tanto o reitor, como o alcalde de Vigo, referíronse á importancia da celebración do Workshop Patrimonio Cíes, que ten o obxectivo de reunir e debater sobre o traballo científico que ata este intre se ten sobre as Illas Cíes e poñer en contacto a todas e todos os investigadores que desenvolven a súa actividade neste ámbito, coa finalidade de potenciar sinerxías e posibles proxectos de investigación conxuntos. “Neste congreso dámos un paso máis na busca de Cíes Patrimonio da Humanidade e son eles, os científicos e as científicas os que deben avaliar os criterios que cumprimos para acadar o obxectivo”, sinalou Abel Caballero, que destacou o feito de que Cíes servise no caso de Vigo para que o seu concello se convertese en potenciador de investigacións.

Pola súa banda, Salustiano Mato, incidiu a idea de que debe ser a comunidade científica a que, co seu traballo, faga visibles as evidencias que “dean músculo á candidatura de Cíes Patrimonio da Humanidade. Este é o xeito de facer máis real o soño”, asegurou o reitor, que lembrou o compromiso da Universidade de Vigo neste proxecto. Unha implicación materializada o pasado mes de xullo coa sinatura cun convenio co obxectivo de poñer en valor e reunir as evidencias científicas do arquipélago, para presentar a candidatura á Unesco.

Fuente original: duvi

 

Second Maldives Marine Science Symposium

The Marine Research Centre is pleased to announce the second Maldives Marine Science Symposium which will be held in Malé, Maldives on 24th July 2018.

The Maldives Marine Science Symposium (MMSS) series will become a key biennial event that will bring together researchers working on important marine research projects in the Maldives to share their knowledge and experience with peers and broader public.

The broad objective of this one–day symposium is to share knowledge and experiences which will contribute towards the conservation and sustainable utilization of our valuable marine resources. We encourage presentations on a broad range of marine science topics, including marine biodiversity, climate change, oceanography and conservation ecology as well as resource utilization and marine spatial planning.

We invite all marine scientists active in the Maldives, including NGOs and independent researchers, to participate. Participants can present their work through either oral or poster presentations. Abstracts are to be submitted in advance as indicated below. Submitted abstracts will be peer-reviewed by a Scientific Committee.

Symposium participation is free, but prior registration is required.

Venue

TBC (will be updated here once confirmed).

Important Dates

30th April 2018       Abstract submission deadline
31st May 2018        Notification of abstract acceptance
30th June 2018      Symposium Registration deadline
24th July 2018        Maldives Marine Science Symposium

Further Information

If you have any queries, please feel free to contact us at: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. or write to Ms. Mariyam Nazeefa at Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Abstract format and submission

•  Body of the abstract (Numbers 5-9 below) should be no more than 500 words and must be written in English.

•  Abstract should have the following information and must be submitted using the format provided (link below).

           1. Title of the Abstract
           2. Authors (s) / Presenter(s)
           3. Affiliation and email address of the authors(s) / presenter(s)
           4. Indicate whether it is an oral or a poster presentation
           5. Introduction and background of the research/project
           6. Objective of the research/ project
           7. Method(s) and materials used
           8. Summary of observations and results of the study
           9. Conclusion(s)

•  Abstracts may be edited by Scientific Committee for clarity for publishing in the Abstract Booklet.

•  Click here to download abstract submission format.

Scientific Committee

Dr. M. Shiham Adam       - Director General, Marine Research Centre
Dr. Ameer Abdulla           - Marine Biologist
Dr. Charles Anderson     - Marine Biologist
Dr. Shazla Mohamed      - Dean, Faculty of Science, Maldives National University
Dr. Steve Newman          - Group Director of Conservation, Banyan Tree Maldives

Organizing Committee

Dr. M. Shiham Adam       - Director General, Marine Research Centre
Mr. Mohamed Shimal      - Senior Research Officer, Marine Research Centre
Ms. Mariyam Nazeefa     - Senior Research Officer, Marine Research Centre
Mr. Mohamed Ahusan     - Senior Research Officer, Marine Research Centre
Ms. Khadheeja Ali           - Senior Research Officer, Marine Research Centre

Updates

Please follow this page to be informed of all the updates relevant to the Symposium.

 

anunciodirectoriodeacuicultura

Red Acuícola y de Acuicultura Europea

avisoimpoortantepangasergasxunta ppdegaliciaLa Xunta de Galicia promociona y FINANCIA Panga Presuntamente Contaminado para los Hospitales Públicos de Galicia en clara competencia de los productos pesqueros de las cofradías y mercado gallego.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..