No "fondo do mar" da Escola Infantil Breogán, o Entroido deixou bo sabor de boca.A Escola Infantil Breogán converteuse por unha horas nun fondo mariño repleto de peixes, quenllas, caranguexos, mergulladores e outras personaxes vencelladas ao fondo do mar como Bob Esponxa. Deste xeito, a comunidade universitaria máis nova do campus compostelán festexou o Entroido sen esquecer a degustación de pratos típicos como filloas, orellas ou rosquillas.

O propósito dos disfraces foi xogar a ser outra criatura, experimentar outras formas e calidades das cousas que están ao redor. Deste xeito, serviu de estímulo á imaxinación e á creatividade de nenos e nenas e tamén ao recoñecemento daquilo que gusta a cada quen e do que non.

Aínda que na Escola Infantil Breogán o disfraz é un recurso habitual, nesta ocasión ten un carácter singular porque se representa unha temática común, tanto na visualización de todas as nenas e nenos dunha mesma aula como banco de peixes, quenllas ou personaxes televisivos, caranguexos ou mergulladores, como na representación do fondo mariño coa presenza de toda a fauna nun combinado conxunto. A maiores da propia situación, en familia comentarase como foi a experiencia e alimentarase a narrativa sobre o acontecido, en opinión do equipo técnico da Escola un grande estímulo para o desenvolvemento persoal.

anunciodirectoriodeacuicultura

Red Acuícola y de Acuicultura Europea

avisoimpoortantepangasergasxunta ppdegaliciaLa Xunta de Galicia promociona y FINANCIA Panga Presuntamente Contaminado para los Hospitales Públicos de Galicia en clara competencia de los productos pesqueros de las cofradías y mercado gallego.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..