Berberechos

O grupo de investigación da USC, Xenética para a Acuicultura e a recuperación de recursos biolóxicos (Acuigen), con sede na Facultade de Veterinaria do Campus Terra da USC e coordinado polo catedrático de Xenética Paulino Martínez, participa cun consorcio europeo integrado por 22 socios no proxecto ‘Cooperación para a recuperación das pesqueiras de berberechos e os seus servizos ambientais na Área Atlántica’ (Cockles). Esta iniciativa, coordinada polo Centro de Investigacións Mariñas de Aveiro (Portugal) e programada nun espazo temporal de tres anos, conta con 3,6 millóns de euros de financiamento a través do programa Interreg Espazo Atlántico da Unión Europea e pretende recuperar e aumentar a produción de berberecho, así como os beneficios asociados a este molusco bivalvo considerado como recurso emblemático. 

 

O proxecto Cockles, coordinado en Galicia polo Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) de Vigo e no que tamén participan outras catro entidades galegas, como o son a USC, o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar) e a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Xunta de Galicia, ademais da Confraría de Pescadores San Antonio de Cambados, parte da base de que o berberecho é un recurso que reporta beneficios ambientais, socioeconómicos e culturais significativos ás comunidades costeiras de España, Portugal, Francia, Reino Unido e Irlanda (os países implicados neste programa), nos que este molusco bivalvo sufre unha dobre ameaza provocada polas enfermidades e, en ocasións, por unha xestión non sempre eficiente.

 

Unha vez coñecido o diagnóstico, o consorcio Cockles propón desenvolver durante os próximos tres anos e ata 2020 unha serie de medidas orientadas a reverter a situación advertida e a potenciar e mellorar a produción de berberecho. A consecución deste obxectivo redundaría na creación dunha industria robusta, viable e sustentable, da que se derivarían beneficios para a sociedade e tamén para a biodiversidade.

 

Daquela, as liñas de traballo deseñadas polo consorcio Cockles ao abeiro deste programa pasan por artellar medidas par avaliar a saúde, a diversidade e as interrelacións das poboacións de berberecho ao longo do Espazo Atlántico. A cuantificación dos beneficios económicos, sociais e culturais dos servizos ecosistémicos que aporta o berberecho e a exploración das consecuencias do cambio climático sobre estes servizos e o seu valor constitúe outro dos cometidos deste proxecto europeo.

 

Outras das medidas propostas no marco da iniciativa Cockles pasan por proveer novas técnicas, así como a información necesaria para mellorar a xestión, a conservación e a restauración deste recurso mariño, incluíndo a súa produción en criadeiro e a modelización da dispersión larvaria. A obtención da información xenética necesaria para abordar estratexias de selección de estirpes resistentes a Bonamia con marcadores moleculares é outro dos obxectivos deste programa, cuxos participantes tamén son conscientes da necesidade de orientar e prestar asesoramento aos produtores, así como ás  administracións, axencias ambientais e ONGs sobre boas prácticas.

 

Produción de berberecho en Galicia

A produción de berberecho en Galicia superou en 2016 as 2.000 toneladas, máis da metade das cales proceden da ría de Muros, e a primeira comercialización deste recurso mariño xerou un negocio por valor de 9.3 millóns de euros. A importancia para deste molusco bivalvo para o sector marisqueiro propiciou que a Consellería do Mar, a iniciativa da confraría de Noia, activara un a posta en marcha do proxecto de creación dun selo de orixe xeográfica para o berberecho galego.

anunciodirectoriodeacuicultura

Red Acuícola y de Acuicultura Europea

avisoimpoortantepangasergasxunta ppdegaliciaLa Xunta de Galicia promociona y FINANCIA Panga Presuntamente Contaminado para los Hospitales Públicos de Galicia en clara competencia de los productos pesqueros de las cofradías y mercado gallego.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..