O alcalde, Alberto Varela e os voceiros de todos os grupos da Corporación Municipal reuniranse mañá no Concello con representantes do scetor marsiqueiro de Vilagarcía e da Ría co obxecto de abordar a polémica Lei de Acuicultura que o Goberno da Xunta está tramitando e que conta coa oposición do sector.

O obxecto deste encontro é que os propios mariscadores poidan explicar aos grupos as razóns polas que se opoñen á devandita lei nos termos nos que está redactada posto que a Corporación Municipal tratará no Pleno da semana que ven unha iniciativa presentada polos colectivos do mar sobre esta normativa.

Co encontro preténdese que os grupos dispoñan da maior información posible para posicionarse no Pleno.

A reunión celebrase ás seis da tarde na Sala de Xuntas.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..