Os representantes desta plataforma expuxeron o texto aos membros da Comisión Informativa do Concello.

O Grove, 20 de xaneiro de 2016. A Comisión Informativa celebrada onte ás 20.00 horas atendeu a solicitude da Plataforma en Defensa da Ría para que a corporación local eleve a pleno a moción contra a lei de Acuicultura que a Xunta de Galicia está tramitando. Membros desa plataforma interviñeron na Comisión para expoñer os motivos que levan aos colectivos que representan a rexeitar esta proposta.

Na Sala de Xuntas estiveron presentes representantes da Confraría de Cambados, a Illa e O Grove, ademais de membros do Consello Regulador do Mexillón. Tal e como teñen feito noutros Concellos, solicitaron que o apoio sexa claro e se evite o debate partidario sobre este asunto. Deste xeito os dous partidos que presentaron a moción referida, BNG e Esquerda Unida, estiveron de acordo en que a mesma sexa presentada no pleno como unha moción da corporación local.

A moción, segundo o texto da plataforma, foi incorporada á orde do día do pleno que se celebrará o vindeiro luns, 25 de xaneiro ás 20.00 horas. Trátase do primeiro punto e a defensa do texto será realizada por un membro da plataforma. Posteriormente realizarase o debate para a súa aprobación.

Risco para a economía local

Os argumentos dos representantes da plataforma para rexeitar a proposta de lei susténtanse nas posibles consecuencias da mesma no sector económico máis importante do Grove. A aplicación desta norma podería supoñer un duro revés á pesca artesanal e suporía poñer en risco a un dos poucos sectores da economía que ten mantido os postos de traballo durante a crise. Trátase de conservar o propio e manter a boa imaxe dos produtos do mar galegos, onde a calidade debe estar por riba da cantidade.

Os representantes do sector pesqueiro e marisqueiro recoñecen que inda se poden facer melloras no actual sistema de explotación, especialmente no relativo ao coidado dos recursos e do medio ambiente, pero coinciden en que esta non é a vía. O plantexamento da lei (especialmente no artigo 31.1.) supón que se pon en man das grandes corporacións as posibilidades de explotación dos recursos o que deixa claro que se trata dunha proposta non adaptable as peculiaridades de Galicia.

Para máis información

JoseCacabelos - Alcaldía

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..